HomesociedadeO Festival do Viño da Ribeira Sacra obrigará a limitar o tráfico...

O Festival do Viño da Ribeira Sacra obrigará a limitar o tráfico en Monforte

Non será posible estacionar nin circular polo Paseo do Malecón dende o martes día 2 ata o luns día 8.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 6, 7 e 8 de xullo terá lugar en Monforte a terceira edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Por iso, produciranse restricións ao tráfico no Paseo do Malecón.

Dende as 6:30 horas da mañá do 2 de xullo non será posible estacionar nin circular en todo o Paseo, e tampouco se poderá acceder polo tramo de enlace coa rúa Doutor Casares, próximo ao Centro de Saúde. As tarefas de montaxe das instalacións, que deben facerse coa suficiente antelación, requiren destas limitacións ao tráfico.

Os axentes da Policía Local serán os encargados de desviar o tráfico de entrada ao centro de Monforte pola Ronda María Emilia Casas Baamonde, e está previsto que coloquen sinais e paneis informativos nas zonas afectadas. As restricións manteranse ata o luns día 8, posto que ese día haberá que desmontar todas as carpas.

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...