HomesociedadeAbadía da Cova e Adega Cruceiro, vencedores da Cata dos Viños da...

Abadía da Cova e Adega Cruceiro, vencedores da Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Os membros do xurado destacaron que "a cata está no nivel de calquera das catas internacionais ás que asistimos".

Publicado o

- Advertisement -

O pasado venres día 5 celebrouse no Balneario de Augas Santas en Pantón a comida de peche da XXV edición da Cata dos Viño da D.O. Ribeira Sacra. O panel da cata, composto por 11 catadores expertos, premiou un total de 8 viños dos 67 que se presentaran. Foron os diferentes representantes das administracións públicas os encargados de entregar os premios, que consistiron en botellas de olería de Gundivós.

Na categoría de brancos presentáronse 17 viños e o primeiro premio levouno Abadía da Cova, de Adegas Moure, o segundo foi para As Glorias, de Adegas Amedo, e o terceiro premio recaeu en Viña Vella, de SAT Virxe dos Remedios. No que respecta aos tintos, das 32 mostras presentadas o gañador foi Cruceiro, da Adega Ramón Marcos Fernández. Ségueo Abadía da Cova, de Adegas Moure, co segundo premio e pecha a clasificación Casa Moreiras Selección, de Casa Moreiras. En Viños doutras anadas establecéronse dúas medallas de ouro debido á gran cantidade de caldos que se presentaron, e recaeron en Capador, viño tinto summum barrica 2017 da Adega Manuel Valdés e en Sollío, mencía barrica 2017 da Adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.

Os catadores do panel destacaron a calidade dos viños da Ribeira Sacra e as súas cualidades diferenciadoras fronte a outras denominación de orixe. Francisco Sauco, presidente da Academia Extremeña de Gastronomía, sinalou que “paisaxe e a dificultade que teñen as zonas de cultivo é o que lle dá personalidade a estes viños”. Pola súa parte, María Isabel Mijares e García de Pelayo, fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores, destacaba que “a cata está no nivel de calquera das catas internacionais ás que asistimos” e concluíu que “a Mencía é capaz de envellecer ben porque catamos viños doutras anadas que están espectacularmente ben”. Por último, Víctor Cortizo Fontán, representante da Asociación Galega de Enólogos engadiu que “case ningunha D.O. de tintos de España pode dicir o que pode dicir a Ribeira Sacra en canto aos viños do ano, teñen un potencial por si sós que noutras D.O. gañan grazas á barrica, pero aquí ese potencial xa está nos viños novos”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...