HomesociedadeOs rapaces de Carballedo poderán coñecer o mundo dos drons nun cursiño...

Os rapaces de Carballedo poderán coñecer o mundo dos drons nun cursiño de verán

A Axencia para a Modernidade Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia organizan un cursiño na Aula CeMIT da Barrela.

Publicado o

- Advertisement -

O mércores 24 de xullo terá lugar en Carballedo o cursiño “Voa con nós”, no que os máis cativos entrarán en contacto co mundo dos drons, uns pequenos vehículos aéreos sen tripulación que se manexan a distancia. Terá lugar na Aula CeMIT, situada na Praza Victor Portomeñe da Barrela e os horarios fixaranse segundo as necesidades dos inscritos.

O obxectivo principal desta actividade é iniciar aos cativos no mundo dos drons e desenvolverase en dúas fases ben diferenciadas. Na primeira parte dos cursos explicarase que é un dron e o seu funcionamento e os participantes poderán pilotar un destes aparellos a través dunhas gafas FPV, que permiten visualizar o que grava a cámara incorporada nos drons. Na segunda parte poderán programar un tipo especial de dron denominado “Tello”.

“Voa con nós” é unha actividade organizada pola Axencia para a Modernidade Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Está dirixida a rapaces de entre 9 e 16 anos e para inscribirse é preciso chamar o teléfono 982 46 62 01.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...