HomeCultura‘Torneo Pazo de Tor’, xadrez para difundir o patrimonio galego

‘Torneo Pazo de Tor’, xadrez para difundir o patrimonio galego

Esta competición forma parte dunha serie de torneos que organiza a Asociación Galega de Xadrecistas en diferentes espazos de interese cultural co gallo do seu XXX Aniversario.

Publicado o

- Advertisement -

Dentro das actividades do Aniversario da Asociación Galega de Xadrecistas, ao longo deste 2019 a entidade marcouse como obxectivo a creación de novos torneos e eventos e que estes poidan axudar a difundir o patrimonio cultural galego.

Nesta liña celebrouse en xuño o primeiro torneo do Museo Militar na Coruña e neste mes de xullo realizarase outro en Monforte, o primeiro Torneo Pazo de Tor. O Pazo de Tor pertence á Rede Museística Provincial de Lugo e na súa colección conta cunha interesante mesa de xadrez.

A proba realizarase o sábado 27 de xullo ás 16:30 h. e os premios entregaranse sobre as 19:30 h. O sistema de xogo será suízo, a 5 roldas, os desempates sortearanse tras a derradeira rolda e en canto ao ritmo de xogo este será de 15 minutos a finish. As categorías participantes serán absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Haberá premios en cada categoría consistentes nun trofeo para o primeiro clasificado e agasallos para todos os participantes.

A inscrición, que será de balde para os interesados/as, poderá facerse a través desta ligazón.

Un atractivo engadido para aos participantes será aproveitar o día visitando, ademais do Pazo de Tor, outros lugares e espazos culturais da capital da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...