HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta comeza os trámites para declarar Ben de Interese Cultural o...

A Xunta comeza os trámites para declarar Ben de Interese Cultural o Colexio da Nosa Señora da Antiga

Durante o proceso de decisión aplícase de forma inmediata e provisional a protección establecida para estes bens na Lei do Patrimonio Cultural.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo vén de publicar o 18 de xullo a resolución pola que se incoa o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o colexio da Nosa Señora da Antiga, situada na Praza Campo da Compañía de Monforte de Lemos. A partir desa decisión, aplícase de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia para os bens de interese cultural.

Esta decisión, tomada a partir dos informes elaborados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a Real Academia Galega de Belas Artes e o Consello da Cultura Galega, está fundamentada en dous aspectos básicos. Dunha banda, destacan a importancia deste edificio para o desenvolvemento do Renacemento en Galicia e para a historia da Vila de Monforte. Doutra banda, destacan o notable rol do mecenado eclesiástico e que o colexio segue a cumprir a mesma función, o ensino.

A historia do Colexio da Nosa Señora da Antiga comezou a finais do século XVI, o cardeal de Sevilla don Rodrigo de Castro ordenou a súa construción. A súa intención era a de crear unha institución filantrópica na súa cidade natal e doerlle a súa colección artística e bibliográfica. Dende entón, houbo momentos nos que esta construción vivíu etapas de decadencia: despois dos danos do terremoto de Lisboa (1755), coa expulsión dos Xesuítas (1767), logo dos saqueos das tropas francesas (1809) e cun gran incendio en 1824.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...