HomesociedadeA marca "O Caurel", renovada sen a oposición do Concello

A marca “O Caurel”, renovada sen a oposición do Concello

C@urel Vivo reclama a anulación desta marca e pide que sexa o Concello quen a reclame para que no futuro poida ser usada polos empresarios da Serra.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado sábado día 20 caducaba o permiso da empresa Cecosa Varios S.L. para utilizar a marca “O Caurel” nos seus produtos cárnicos e, ao non terse presentado ningún recurso en contra do seu uso por parte desta corporación, esta renovouse. Isto produciuse a pesar das protestas de C@urel Vivo, que pedía a nulidade da concesión por incumprir diversos artigos da Lei de Etiquetado e da Lei de Marcas.

Envase da marca “O Caurel” / C@urel Vivo

Óscar Carrete, voceiro de C@urel Vivo, denunciaba a total pasividade do Concello ante este asunto. “A nosa alcaldesa está a cobrar adicación exclusiva do Courel para defender os nosos intereses, pero iso non se ve neste asunto”, declaraba Carrete. O líder desta formación engadiu, ademais, que os Populares do Courel só están “pendentes da Deputación”.

Dende C@urel Vivo afirman que presentarán un recurso de alzada e pedirán a anulación da renovación. Así, tamén piden que o Concello ou algunha asociación de empresarios da Serra reclame a súa cesión para poder facer uso dela.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...