HomeSucesosPiden a 'inhabilitación' para o presunto maltratador animal de Taboada

Piden a ‘inhabilitación’ para o presunto maltratador animal de Taboada

Os colectivos animalistas Libera e Fundación Franz Weber solicitaron este luns que o expediente sancionador aberto contra esta persoa remate nunha sanción exemplar.

Publicado o

- Advertisement -

Do que se coñece dos feitos, todo apunta a que o propietario puido ter ocultado “a un can encadeado e mantido en malas condicións” e a “outros cans” no municipio lucense de Taboada. Os colectivos que protexen o benestar animal manifestan o seu desexo de que o expediente aberto “acabe coa máxima sanción” e coa súa inhabilitación para que o presunto maltratador non volva ter animais ao seu cargo.

Sosteñen tamén que o propietario “encadearía e ocultaría a un dos cans coa clara intencionalidade de evitar sancións” por parte da Administración.

Libera e Fundación Franz Weber sosteñen que “os animais estaban atados de forma continuada e algúns tiñan feridas con supuración, o que evidenciaría un desprezo absoluto pola súa saúde” e a “comisión de varias infraccións da Lei de Benestar Animal de Galicia”.

Lembran que “ter un animal non é unha obriga, polo que este individuo debería ser sometido á inhabilitación contemplada na normativa para este tipo de casos, e que pode chegar aos cinco anos”.

Ademais de criticar duramente os feitos desexando que caia sobre o presunto maltratador todo o peso da lei, piden a implicación de institucións como a Deputación de Lugo para que se traballe no eido da prevención ofrecendo campañas de sensibilización e asesoramento que axuden a que este tipo de situacións non se repitan.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...