HomeCulturaEl Combo Dominicano e Olympus clausurarán as Festas de Escairón

El Combo Dominicano e Olympus clausurarán as Festas de Escairón

Entre os días 3 e 6 de agosto terán lugar as Festas de Escairón, que contarán coas actuacións do DJ Kiko Rivera e a cantante andaluza Merche.

Publicado o

- Advertisement -

A programación definitiva das Festas de Escairón, no Saviñao, foi anunciada esta semana. Terán lugar entre os días 3 e 6 de agosto e inclúen actividades de diversos tipos dirixidas a todos os públicos. Estes festexos, que destacan sempre polo altísimo nivel das súas actuacións musicais, non decepcionaron co seu cartaz deste ano, xa que contarán con artistas como Kiko Rivera ou a cantante Merche.

As festas darán comezo o sábado día 3 ás once da mañá coa oitava edición da carreira popular “Concello O Saviñao”, con saída na Praza Maior de Escairón e inscrición gratuíta ata o próximo día 1 (pódese realizar a través do teléfono 622 02 85 18 ou ben no correo electrónico concelleriadedeportesosavinhao@gmail.com). Ás seis os rapaces poderán desfrutar de diversos xogos populares na devesa e, pola noite, a Orquestra Foliada e a cantante andaluza Merche amenizarán a verbena.

O domingo 4 madrugará co pasarrúas da Banda de Música de Muimenta, que tamén ofrecerá dous concertos ás 14:00 e ás 20:45 na Praza Maior. Pola tarde o protagonista será o fútbol, co Trofeo Festas Escairón. A xornada rematará coa Orquestra Israel e a actuación de Kiko Rivera, o polémico fillo de Isabel Pantoja.

O luns día os máis cativos poderán desfrutar de máis de tres horas de atraccións gratuítas no Campo de Fútbol da Lama a partir das 17:00, que rematarán cunha festa da escuma. A nota musical poñerana a Orquestra Trébol e os Gin Toni’s.

Con todo, o día grande será o martes 6. A gran carreira de burros de Escairón comezará ás doce da mediodía, e estará seguida polo campionato de tiro de corda por parroquias. Ás sete da tarde o Atlético Escairón e o Chantada Atlético enfrontaranse polo Trofeo Excelentísimo Concello do Saviñao e pola noite terá lugar o xa tradicional duelo de orquestras, protagonizado este ano por Olympus e El Combo Dominicano.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...