HomeMovementos sociaisGaliza Nova desprega unha gran Estreleira no Encoro de Belesar

Galiza Nova desprega unha gran Estreleira no Encoro de Belesar

Con este xesto, Galiza Nova pretende darlle difusión aos actos do Día da Patria que se celebrarán en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

Durante a tarde do martes día 23 a organización Galiza Nova despregou unha gran Estreleira dende o salto do encoro de Belesar. A bandeira, cunha lonxitude de máis de oito metros, foi pendurada desta estrutura durante a tarde. Esta acción tivo lugar dentro dos actos da III Semana da Patria de Galiza Nova Lugo-Sul, a asamblea comarcal no sur de Lugo da organización xuvenil do BNG.

Gran Bandeira no Encoro de Belesar / Galiza Nova

Con isto, os membros desta organización buscan difundir as actividades organizadas para conmemorar o Día da Patria en Santiago de Compostela e animar á mocidade a que asista a elas. Durante a tarde do martes 24 serán varios os actos que Galiza Nova levará a cabo. Ás 17:30 terá lugar unha homenaxe a Rosalía e Castelao no Parque de Bonaval, seguida por unha ruada pola independencia ás sete. Nestes actos participarán os “youtubers” Brais Doval e Miguel Silva (Aquel-e) e actuará o grupo The Lelli Kelly’s.

Cartaz do Festigal 2019 / Galiza Nova

Na noite do 24 dará comezo o Festigal no Campus Sur da USC, un evento totalmente gratuíto que se leva adiante grazas ao traballo voluntario das mozas e mozos que compoñen Galiza Nova. Este ano, o cartaz confórmano as bandas De Ninghures, Brassica Rapa, Banda Bassotti e Arrhythmia. O 25 haberá un café concerto a partir das cinco da tarde coas Pandereteiras de Verducido, DudeCan e Güintervan.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...