HomeEconomíaAs obras de renovación da estación de autobuses de Monforte comezarán a...

As obras de renovación da estación de autobuses de Monforte comezarán a final de ano

O custe total será duns 165.000 euros e as empresas interesadas en levalas a cabo terán ata o 8 de agosto para presentar as súas propostas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade anunciou que levará a cabo as obras de renovación e mellora da estación de autobuses de Monforte antes de finais de anos. Así o anunciou o mércores 24 o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na presentación oficial do proxecto.

O investimento do proxecto será de 165.073 euros e o prazo de execución é duns catro meses, polo que se prevé que estea finalizado na primavera do ano que vén. Deste xeito, as empresas interesadas en executar a obra terán ata o 8 de agosto para presentar as súas ofertas.

Os traballos de reacondicionamento consistirán na mellora integral de todos os espazos da estación. Entre outras cousas, repintaranse as paredes, limparase a cuberta, substituiranse os baixantes de augas e renovarase o pavimento da zona do aparcadoiro. A obra tamén inclúe a colocación de máis bancos e a modernización dos aseos e o mobiliario.

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...