HomeCultura"Camiño ao Outono", unha exposición pictórica de Manuel Espiño no Centro do...

“Camiño ao Outono”, unha exposición pictórica de Manuel Espiño no Centro do Viño

A inauguración da exposición do artista de Friol terá lugar o día 26 ás 20:00 e as súas obras poderán visitarse ata o 26 de agosto .

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro venres día 26 será inaugurada no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte, a exposición de pintura “Camiño ao Outono”, do artista Manuel Espiño. O acto dará comezo ás 20:00 e nela estará presente o pintor. Ademais, a súa obra estará exposta ata o 26 de agosto.

Manuel Espiño, natural de Friol, fixo o servizo militar en Monforte e, dende aquela, está especialmente atraído pola beleza da Ribeira Sacra. A súa incursión no mundo da pintura comezou aos 18 anos e, dende aquela, as súas pezas estiveron expostas na cidade de Lugo, na vila de Begonte e incluso no ourensán Castelo de pambre.

O nome da exposición, “Camiño ao outono”, fai referencia á que el considera a estación máis bonita en Galicia. En relación con isto, a súa obra pode enmarcarse dentro do realismo impresionista, que xira arredor da luz e a cor. Deste xeito, esta exposición está formada por pinturas de paisaxes da Ribeira Sacra e o Courel.

Cartaz da exposición de Manuel Espiño no Centro do Viño / Cedido

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...