HomesociedadeSober estudará o impacto de xénero dos orzamentos

Sober estudará o impacto de xénero dos orzamentos

A decisión foi aprobada en Pleno a proposta da Alcaldía e permitirá analizar a incidencia orzamentaria das actuacións municipais segundo estas afecten a homes ou a mulleres.

Publicado o

- Advertisement -

Grazas a un informe, o Goberno local de Sober poderá analizar as actuacións que se van desenvolver en adiante desde unha perspectiva de xénero e prestando especial atención á situación das mulleres e dos homes en relación cos programas de gasto que se contemplen nos orzamentos.

A confección deste informe foi aprobada no Pleno desta semana así como tamén a posibilidade de instar á Xunta de Galicia, se fose mester, para ofrecer instrucións e/ou indicacións para a elaboración do mesmo. Trátase dunha medida pioneira a nivel municipal.

Na actualidade, todas as institucións nacionais, europeas e internacionais veñen realizando un grande esforzo para garantir o dereito das persoas a non sufrir discriminación por razón de sexo, razón pola cal os orzamentos teñen que elaborarse con perspectiva de xénero.

O obxectivo da análise formal e rigorosa que se pretende facer é coñecer o impacto que as políticas recollidas no orzamento teñen sobre mulleres e homes para acadar unha integración transversal dos asuntos de xénero en todas as políticas, plans e programas que se desenvolvan.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...