HomesociedadeA violencia de xénero aumenta no verán

A violencia de xénero aumenta no verán

ASOCIM, Asociación de profesionais dos CIM de Galicia, reclama reforzar os servizos de atención ás vítimas de violencia de xénero especialmente no verán, época do ano altamente conflitiva.

Publicado o

- Advertisement -

Os casos de violencia de xénero que se están sucedendo estas semanas ten que obrigar ás autoridades competentes a non baixar a garda e a reforzar aínda máis a protección e atención ás vítimas.

Segundo indican dende ASOCIM -Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia-, durante a época estival obsérvase un preocupante aumento dos crimes machistas. Nos meses de xuño, xullo e agosto de 2016, 2017 e 2018, un total de 40 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, segundo recollen as estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia Machista. No que vai de ano xa son 35 as mulleres asasinadas por violencia de xénero.

A que se debe este aumento? Segundo Miguel Lorente, exdelegado do Goberno para a Violencia de Xénero, varios factores inflúen no incremento de asasinatos machistas no verán, causas que facilmente poden darse noutras épocas do ano como o Nadal. Llorente destaca que o descenso do ritmo laboral ou o cese da actividade mesma pode levar a que vítima e agresor pasen máis tempo xuntas e, polo tanto, a que a violencia que se viña exercendo ata ese momento aumente, así como os conflitos vencellados á convivencia con outros membros da familia. No caso das exparellas, as rutinas vense suspendidas polas vacacións algo que o maltratador pode interpretar como perda de control sobre a vítima levándoo a reforzar máis a presión e o control.

Diante do terrible aumento de feminicidios durante estes meses, ASOCIM reclama o reforzo de todos aqueles servizos dirixidos á atención e protección das mulleres.

En Galicia contamos con máis de oitenta CIM -Centros de Información á Muller- que son espazos de referencia nos que as mulleres poden atopar asesoramento e acompañamento grazas ao seu persoal, especializado e multidisciplinar, que abordará as súas necesidades desde a intervención social, a axuda psicolóxica e a orientación xudicial.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...