HomesociedadeO concello de Sober súmase ao programa Xantar na casa

O concello de Sober súmase ao programa Xantar na casa

Este servizo consiste na subministración de comidas no domicilio de persoas dependentes ou en risco de exclusión social.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno Municipal de Sober aprobou por unanimidade a integración deste Concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Deste xeito, poderá formar parte do programa Xantar na Casa. Trátase dun servizo que consiste na subministración de comidas no propio domicilio das persoas usuarias.

Xantar na Casa está pensado como un programa social de atención a colectivos de persoas maiores e en situación de dependencia. O seu obxectivo é o de prestarlles apoio nos seus domicilios e mellorar a calidade de vida destes usuarios. Este servizo non é incompatible co servizo de axuda no fogar.

Poderán adscribirse a este programa as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos, persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e que non conten unha rede de apoio que supla esta situación e persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social.

Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, explicou que a Xunta asume o 50% do gasto deste servizo a través da Consellería de Política social. A metade restante divídese equitativamente entre o Concello e o usuario.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...