HomeSucesosMorre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos ao quedar atrapada baixo o vehículo mentres facía unha manobra.  Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse nunha pista que sae da LU-617, en Moreda, Monforte.

Foi unha veciña, á que acudiron para pedirlle axuda, a que alertou o 112, xa que a persoa atropelada estaba atrapada baixo o vehículo. Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Monforte, ademais de pedir a colaboración dos profesionais do 061. Ata o lugar desprazouse un equipo médico, axentes de Tráfico e un equipo de bombeiros que prestou axuda para acceder á vítima.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...