HomeCultura"Finde canina" na Pobra do Brollón

“Finde canina” na Pobra do Brollón

As xornadas organizadas para a fin de semana inclúen andaina con cans, unha proba da liga Agility canino e exhibicións como pastoreo, rastrexo ou búsqueda de persoas

Publicado o

- Advertisement -

“Finde canina” celebrarase os vindeiros días 16 e 17 de xuño na Pobra do Brollón. É un programa completo relacionado con mundo canino. Nel están incluídas andainas con cans, probas caninas e exhibicións en diferentes disciplinas como son o pastoreo, búsqueda de persoas e rastrexo.

Para poder participar en todas as actividades da fin de semana, o Concello pon a disposición dos interesados o Pavillón Municipal para poder pasar a noite do sábado ó domingo.

Cartel da Finde Canina/X.G.

O sábado está previsto que ás 19:00 horas comecen as actividades cunha Candaina (andaina con cans) que partirá dende as Adegas de Vilachá ata o Mirador da Capela. Un paseo de 40 minutos no que poden participar tanto os que leven can como os que non o leven. Ó seu remate, os interesados, poden quedar a cear nas Adegas de Vilachá por 7 euros por persoa. 

Xa o domingo, está previsto que a xornada comece ás 10:30 da maña no Campo Municipal dos Medos coa celebración dunha proba da Federación Galega de Agility á que acudirán clubes de distintos puntos de Galicia. Trátase de que os cans, acompañados polos seus donos, realicen un percorrido de obstáculos no menor tempo posible. Esta proba está organizada polo clube chantadino Creando Vínculo. Pola tarde organizarase outra “Candaina” a partir das 17:00 horas pero desta volta o punto de encontro será o Cuartel da Garda Civil. Dende alí, e percorrendo o trazado do Camiño de Inverno, está previsto chegar ata o Castro de San Lourenzo. Logo dunha pequena visita guiada polos restos arqueolóxicos, celebraranse as exhibicións caninas de pastoreo, rastrexo e búsqueda de substancias. Esta última parte será realizada polos clubes Agility de Santiago de Compostela e Terras do Xesteira de Cuntis.

Dende a organización facilitan o número de teléfono 666.43.58.32 para máis información e reservas tanto da cea como da acampada.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...