HomeEconomíaTímida baixada do desemprego no sur de Lugo

Tímida baixada do desemprego no sur de Lugo

O pasado mes de xullo baixou o paro tan só en 70 persoas se contabilizamos os datos conxuntos das Comarcas de Quiroga, Lemos, Chantada e Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Os números de creación de emprego no mes de xullo, mes central do verán no que o turismo tira dos contratos de tempada, non son os que se espera desta época do ano. O aumento de contratación foi moi moderado cun descenso global de 70 parados/as nas catro comarcas que cubre este xornal.

Por comarcas, Lemos é a mellor situada descendendo o paro en 26 persoas. O concello deste territorio onde máis aumentou a contratación foi O Saviñao con 25 persoas, sendo A Pobra do Brollón o municipio que aporta peores datos con 9 parados máis.

No resto de comarcas, Quiroga sumou 25 cotizantes máis, Sarria baixa o paro en 16 persoas e Chantada tan só en 3. O total de parados nestas catro comarcas ascende actualmente a 3.299 desempregados/as.

Datos por concellos

Concellos onde baixou o paro: O Saviñao (-25), Quiroga (-20), Monforte (-10), Sarria (-8), Sober (-7), Folgoso do Courel (-4), Carballedo (-4), O Incio (-4), O Páramo (-4), Chantada (-1), Ribas de Sil (-1), Paradela (-1) e Samos (-1).

Concellos onde subiu o paro: A Pobra do Brollón (+9), Bóveda (+4), Pantón (+3), Triacastela (+3) e Taboada (+2).

O Concello de Láncara mantense, nin suma parados nin crea emprego.

Descontento dende o sindicato CC. OO.

Dende Comisión Obreiras láianse da moderada creacion de emprego de xullo e de que nun concello como Monforte de Lemos o número de parados ascenda a 1.032, o 69,9 % do paro do total da comarca. A secretaría de acción sindical afirma que con estes datos “vemos un sector servizos que xa non dá máis de si” e critica as manifestacións do alcalde José Tomé onde afirmaba que na semana das festas os comerciantes e hoteleiros “fan o agosto”.

En relación a estas declaracións, dende o sindicato pensan que “hai que potenciar o sector industrial xa que o sector servizos non dá para máis” indicando ademais que “todos vemos como se xubilan moitos comerciantes e cada vez hai máis baixos comerciais pechados”.

ÚLTIMAS

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...