HomeCulturaActividades culturais dentro do ciclo "Cultura no Camiño"

Actividades culturais dentro do ciclo “Cultura no Camiño”

A Consellería de Cultura e Turismo financia unha trintena de espectáculos e actividades culturais que se celebrarán este mes de agosto en 15 concellos lucenses ao abeiro de distintas programacións que impulsa este departamento a través do AGADIC.

Publicado o

- Advertisement -

Abriu o calendario este venres Portomarín, no albergue xuvenil, unha actividade de dinamización lingüística e este sábado haberá un concerto de fados na praza do Camiño, ás 20.00 horas.

Outros concellos do sur de Lugo que disfrutarán dos distintos eventos programados para este mes serán Monforte de Lemos, Quiroga, Pantón e Chantada.

De cara á vindeira semana o Concello de Quiroga ten programados  dous espectáculos para público infantil e familiar que se desenvolverán dentro da programación das Festas de Verán na Rúa Real.

Así o sábado día 10 de agosto, na Rúa Real, diante do Auditorio Municipal, instalarase  a caravana do espectáculo de maxia “Petit Caravane” a cargo de Animatium en horario de 12:00h  a 15:00 h e de 20:00h a 22:00h. Ao longo de cinco horas nenos, nenas e adultos disfrutarán nun pequeno  teatro dun espectáculo único e inigualable “O mago máis pequeno do mundo”.

E para o domingo 11 ás 20.00 h. a compañía Fantoches Baj ofrecerá o espectáculo “O Folión de Zampón“, un interesante espectáculo para todos os públicos que se desenvolverá percorrendo a Rúa Real.

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...