HomeEconomíaAumento da ocupación turística na Ribeira Sacra

Aumento da ocupación turística na Ribeira Sacra

Os datos provisionais do mes de xullo superan aos do 2018 e a previsión para este mes de agosto é mellorar tamén os do ano anterior.

Publicado o

- Advertisement -

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de ofrecer os datos provisionais de  ocupación nos establecementos de aloxamento de Ribeira Sacra durante o pasado mes de xullo informando que superan aos de 2018.

As estancias en hoteis de 3 e 4 estrelas a ocupación foi dun 80,00%, o que supón un 5 % máis en relación ao 2018, e no que respecta ao aloxamento en establecementos de Turismo Rural a ocupación chegou ao 73,50%, un 6% máis en comparación co ano anterior.

O total de ocupación alcanzou o 77,00%, un 11% máis en relación ao 2018 e case 2 puntos por riba das previsións recollidas o pasado mes de xuño deste mesmo ano.

O Consorcio refire tamén que polo de agora aínda non ten acceso a datos doutros tipos de aloxamento que empezan a funcionar como poderían ser os apartamentos turísticos ou as vivendas de uso turístico, alternativas de aloxamento que tamén acollen a visitantes e turistas na Ribeira Sacra.

Alexandra Seara, xerente do organismo turístico indica que se trata de datos provisionais, pero “novamente rexistramos unha importante mellora en relación ao ano anterior”. E dálle máis valor aos resultados “tendo en conta que o mes de xullo de 2018, ao igual que aconteceu este ano, non tivo como punto a favor a estabilidade meteorolóxica e iso, inevitablemente, inflúe nos resultados de ocupación”.

Pensando xa no mes en curso, as previsións que os hoteleiros manexan sitúanse nun 85% no cómputo global. A estas alturas, o pasado ano falabamos dunha previsión de ocupación media do 77% e o balance superou o 89%.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...