HomeDeportesO Club Ribeira Sacra organiza un campus de voleibol en Monforte

O Club Ribeira Sacra organiza un campus de voleibol en Monforte

Desenvolverase entre os días 19 e 23 de agosto en sesións matinais no Pavillón Municipal da Pinguela. O vindeiro día 16 pecharase o prazo de inscrición.

Publicado o

- Advertisement -

Os encargados/as de levar á práctica este campus que organiza o Club Ribeira Sacra todos os anos serán a ex-xogadora internacional e actual Técnica do Club, Yoraxy Meleán, a tamén ex-internacional, Rebeca Kruse, a internacional sub-19, Carolina Camino, e os técnicos das categorías inferiores Noelia Dacosta e Oriol Aira. O responsable da coordinación será Manolo Martínez, Director Técnico do Club monfortino.

A edición deste ano celebrarase entre os días 19 e 23 de agosto, en sesións matinais e nas instalacións do Pavillón Municipal da Pinguela. Ata este momento xa son máis de 45 o número de inscritos/as e o prazo pecharase o vindeiro día 16. As previsións apuntan a que  se podan superar os cincuenta acadados o pasado ano.

Este Campus está aberto a todos os nenos e nenas da comarca comprendidos entre os 7 e 16 anos; poderán inscribirse no departamento técnico do Concello nas Casitas e tamén chamando ao número de teléfono 626672435, onde se lle indicarán as instrucións a seguir.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...