HomesociedadeRibeira Sacra rolda o 100% de ocupación para a ponte de agosto

Ribeira Sacra rolda o 100% de ocupación para a ponte de agosto

A Ribeira Sacra rexistrará un 98,2% de ocupación durante a próxima ponte de agosto, entre os días 15 e 18. Así o confirmou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo ( Apehl), que tamén prevé unha ocupación media dun 79,52% no conxunto da provincia

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Ribeira Sacra segue sendo reclamo de turistas e visitantes en canto se conta con tempo libre. Na ponte de agosto contará co 98,2% de ocupación. A previsión para A Mariña, para os próximos días é dun 95%, un 86,4% en Lugo centro, un 63% na Terra Chá e un 55% nos municipios de montaña.

Luis Fernández Guitián, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, asegura que “se están facendo as cousas ben tanto no ámbito público como no privado. Estamos moi satisfeitos; o propio sector é o que ve como soben os números ano tras ano. Medramos de modo constante, especialmente en oferta de actividades turísticas e enoturísticas”, indicou o rexedor soberino.

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aseguran que se está desestacionalizando e que se teñen bos datos de visitas e pernoctacións desde comezos de xuño ata finais de outubro. Ribeira Sacra tamén conta con alta demanda no outono, as pontes de decembro e a Semana Santa.

“Afortunadamente, contamos con establecementos hostaleiros de primeiro nivel, excelentes casas de turismo rural e vivendas de uso turístico, e tamén os concellos, a Deputación e a Xunta sabemos o que nos estamos xogando”, advirte Guitián. O presidente do Consorcio destaca a importancia de poder contar en breve con tres recoñecementos de carácter internacional por parte da UNESCO: o Xeoparque ‘Montañas do Courel’, oficial desde abril deste ano, e as candidaturas a Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade, as dúas en tramitación. “Son premios que axudan non soamente a dar un maior impulso turístico ao territorio, senón que favorecen a conservación dun importantísimo patrimonio natural”, subliñou Guitián

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...