HomesociedadeSober énchese de xente na Feira da Rosca

Sober énchese de xente na Feira da Rosca

Este luns pola mañá fíxose a tradicional degustación de 2.000 racións de rosca con queixo e contouse coa actuación do grupo de música tradicional Airiños de Orbazai.

Publicado o

Un ano máis Sober encheuse de xente para gozar da rosca de Sober, un dos produtos característicos do concello. A media mañá ofreceuse a degustación de balde de 2.000 racións de rosca con queixo. Na Praza do Concello contábase nesta XXIV edición con outros postos, ademais da rosca, como oleiría de Gundivós, mel, artesanía, queixo e marmeladas de castaña e derivados.
Completábase a xornada de exaltación dos produtos do municipio coa celebración do III Túnel do Viño Amandi que organizou o Concello xunto con Vinosacra.es. Na cita participaron 30 adegas con máis de 50 referencias. Unha oportunidade única de coñecer os viños de Amandi e Sober da man de sumilleres profesionais.
III Túnel do Viño / Concello de Sober
Monforte en festas
Despois da xornada do día 11 na que a cantante do Incio, Lucía Pérez, leu o pregón, chega o segundo día de festas na cidade do Cabe, que durante as próximas horas acolle as seguintes actividades:
20:30 h.- Os Xograres de Lemos dende o barrio da Estación ata o centro da cidade
23:00 h.- Orquestra Marbella na praza da Compañía e grupo Os Parentes na praza de España.
00:30 h.- Concerto DVICIO na praza da Compañía
02:00 h.- Orquestra Marbella na praza da Compañía.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...