HomesociedadeImpulsando o turismo gastronómico

Impulsando o turismo gastronómico

Bonito de Burela, Pementos de Mougán, Castaña de Galicia e viños da D.O. Ribeira Sacra, protagonistas das exaltacións gastronómicas do mes de agosto, na provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Desde o día 16 ao 25 de agosto teñen lugar as exaltacións gastronómicas… E Para Comer Lugo nas que 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia ofrecerán menús con produtos con Indicación Xeográfica Protexida. Nesta ocasión o turno é para o bonito de Burela, os pementos de Mougán e a castaña de Galicia. A DO Ribeira Sacra colabora con estas desgustacións aportando o viño.

O proxecto, que se ven desenvolvendo desde abril e se prolongará ata novembro, entre a Deputación e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, poñendo en valor a excelente calidade dos produtos gastronómicos da provincia a través con produtos acreditados cos selos de calidade como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe (DOP).

Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. Nesta ocasión os produtos protagonistas son o Bonito de Burela, os Pementos de Mougán e as castañas.

A Festa do Bonito de Burela acaba de ser declarada de Interese Turístico Nacional, un recoñecemento que revela a importancia económica, social e turística que ten a captura deste produto para a provincia

Pola súa banda, o Concello lucense de Guntín, é o maior produtor dos pementos de Mougán e o lugar onde se sitúa a sede da súa Indicación Xeográfica Protexida. Entre 5 e 6 hectáreas dedícanse a este cultivo autóctono principalmente ao aire libre. Só o 30% prodúcese en invernadoiros.

En canto ao sector das castañas en Galicia comercialízanse entre 15.000 e 20.000 toneladas cada ano, en función da tempada. Isto supón un volume de negocio de entre 30 e 45 millóns de euros ao ano para o sector produtor, que se eleva a máis de 100 millóns de euros no sector transformador e comercializador.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...