HomeCulturaMaxia ao grande na Pobra do Brollón

Maxia ao grande na Pobra do Brollón

Este domingo, 18 de agosto, un escenario móbil aparcado na Área Recreativa de Samugueiros ofrecerá espectáculos de maxia de diferentes magos e en varios pases ao longo do día.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón convida a veciños, veciñas e visitantes a unha xornada de maxia para gozar en grupos reducidos, dun xeito próximo e en diferentes sesións ao longo deste domingo 18 de agosto.

O escenario é un tráiler que estará aparcado na área recreativa de Samugueiros e que ofrecerá aos interesados/as a posibilidade de ver diferentes artistas en dúas funcións de mañá, ás 12:00 e ás 13:00 h., e catro de tarde, ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 h. A entrada é de balde previa recollida de invitacións no “magomóbil”.

A proposta escénica chámase “Maxia no Camiño” e contará coa participación do Mago Antón, Javier Muro e Román García.

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Magos Profesionais de Galicia subvencionada pola Xunta de Galicia con fondos para promocionar o Xacobeo 2021.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...