HomeCulturaOs Bolechas, na Casa da Cultura de Monforte

Os Bolechas, na Casa da Cultura de Monforte

A actividade vén da man do programa de dinamización lingüistica 'FalaRedes' da Secretaría Xeral de Política Lingüítica da Xunta de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

 

O sábado 16 de xuño, ás 12:00 horas, os nenos e nenas de Monforte e arredores teñen unha cita na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Os bolechas actuarán para que o seu público máis fiel poida gozar co seu espectáculo “O amigo monte”.

Os Bolechas chegan a unha suposta fraga para ver animais e respirar aire puro. Pero o lugar está cheo de lixo e contaminación. Alí atopan un personaxe pouco amigable, ao que só lle preocupan os cartos e a tecnoloxía.

Ata que os Bolechas –coa axuda do público– lle fan ver a necesidade de manter limpos os bosques e coidar o medio no que vivimos.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...