HomesociedadeOs concellos cobrarán unha nova taxa ás compañías eléctricas

Os concellos cobrarán unha nova taxa ás compañías eléctricas

A Deputación contrata a asistencia técnica aos concellos para que cobren esta taxa. A adxudicataria é a UTE integrada por Hijos de Valbuena y Ron SL e Iurislocalia LSP por un orzamento de 246.393,51€ e un prazo de execución de 4 anos

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo avanza no proxecto pioneiro que ten en marcha co fin de que os Concellos da provincia poidan obter novos recursos económicos a través da aplicación dunha taxa ás compañías eléctricas e de gas polo uso que fan dos bens de dominio público para o transporte da enerxía. Para conseguir a implantación deste novo tributo municipal, a Deputación asinou xa o ano pasado un convenio de colaboración cos 53 concellos da provincia que decidiron sumarse a este proxecto, o que supón preto do 80% do total dos municipios lucenses.

Na zona sur sumáronse Chantada, O Courel, O Incio, Láncara, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Sarria, Sober, Taboada, e Triacastela. Durante os primeiros 8 meses, a adxudicataria terá que elaborar o inventario das afeccións das liñas eléctricas aos bens municipais de dominio público e o estudio técnico económico para a implantación da taxa.

Desbroces estradas provinciais

A Deputación ten adxudicado o servizo de desbroce das estradas provinciais. Dos 24 lotes nos que está dividido o contrato, adxudicáronse a metade nas dúas primeiras xuntas de goberno deste novo mandato, e quedaban tres, que se veñen de aprobar, entre elas está a adxudicación dos traballos en Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos por 92.795,44€ a Desbroce y Jardinería Ancares SL.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a xustificación de 9 subvencións por un valor conxunto de máis de 18.600€ concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Con este programa recuperáronse na edición do pasado ano 582has de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...