HomesociedadeCambios de ubicación para actuacións do Festival de Maxia de Sarria

Cambios de ubicación para actuacións do Festival de Maxia de Sarria

As actuacións ao aire libre programadas para esta tarde cambian de escenario por mor da choiva.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria informa que a actuación de hoxe, prevista para as 18:30 h. no Paseo do Malecón, con Raúl Camaguey e Nano Arranz, farase á mesma hora pero na Casa da Cultura.

Así mesmo, a “Gran Gala Final” que debería realizarse na Praza da Vila pasará a realizarse no Pavillón Municipal do Chanto ás 22:30 h.

A organización convida a achegarse a estes dous lugares para gozar deste espectacular remate do XIV Festival de Maxia Vila de Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...