Todos os anos por estas datas desenvólvese o peche por labores de mantemento da piscina municipal. O peche técnico prolongarase ata o día 1 de setembro, para xa o día 2 abrir as instalacións con normalidade.
Trátase de traballos destinados a ter as instalacións nas condicións idóneas para a práctica deportiva ó tempo que se aseguran os niveis de calidade hixiénico sanitarios das instalacións, segundo se establece no Regulamento Técnico-Sanitario das Piscinas de uso colectivo.
Ante as incomodidades que o peche poida ocasionar, o Concello pide de antemán a comprensión de tódolos usuarios das piscinas. Rematados os labores de mantemento, as instalacións volverán a abrir o día 2 de setembro no seu horario habitual.