Homesociedade20 anos bailando á luz da lúa

20 anos bailando á luz da lúa

O Concello de Sober celebra este venres, día 30 de agosto, a XX edición do seu Baile á Luz da Lúa. A cita será na Praza do Toural con música da Banda de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Esta edición do Baile á Luz da Lúa comezará cunha exhibición de baile profesional, que correrá a cargo de Diego Cornella e Laura Díez, profesores do curso de baile de salón que se está a realizar nestes días, organizado polo Concello de Sober. As 22.00 é a hora prevista para o inicio da actividade.

De seguido haberá un concerto da Banda de Música de Sober que interpretará distintas pezas para todas a aquelas parellas que desexen participar no concurso que estará dotado de varios premios para os mellores bailaríns.

Todas aquelas persoas que desexen participar no concurso soamente terán que inscribirse ao inicio do baile. Como único requisito deberase ter ganas de bailar e pasalo ben.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...