Homesociedade110.000 euros para clubes deportivos de Monforte

110.000 euros para clubes deportivos de Monforte

Estas subvencións do Concello de Monforte están destinadas a sufragar gastos de actividades de fomento do deporte e a práctica deportiva, así como para contribuír ós gastos de participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante a tempada 2018 – 2019.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte comunica ós clubs e entidades deportivas da cidade ás que se lles conceden estas subvencións nominativas, que teñen de prazo ata o 13 de setembro para presentar a documentación que se lles require. Posteriormente, asinarase un convenio con cada entidade e procederase á xustificación das axudas.

Segundo indicou o Alcalde, José Tomé Roca, “este ano destinamos un total de 109.822,50 €, cantidade que duplica a dotación orzamentaria con respecto ó ano 2015, tal e como nos comprometemos a levar a cabo dende o Equipo de Goberno do Concello”.

A asignación económica que ten cada unha das entidades deportivas e clubs é a seguinte:

CLUB DEPORTIVO IMPORTE SUBVENCIÓN
A.D. A Ponte Vella 962,50 €
A.D. Colexio Ferroviario 800,00 €
A.C. Castelao 1.300,00 €
C.P. Calasancio 15.700,00 €
Club Templarios Pool 540,00 €
Sociedade Val de Lemos Caza e Pesca 1.500,00 €
A.D. A Gándara 2.400,00 €
C.V. Ribeira Sacra 10.500,00 €
Club Pesca Monforte 1.100,00 €
Club Taekwondo Neka 3.000,00 €
A.D. Torre de Lemos 800,00 €
C.B. Val de Lemos 7.300,00 €
C.N. Monforte 10.020,00 €
A.D. Escolapios 800,00 €
Club de Montaña Quixós 5.000,00 €
A.D. Veteráns 1.600,00 €
Club X.R. Quicela 5.000,00 €
A.D. Río Cabe 1.700,00 €
Club Fluvial Monforte 800,00 €
Club Lemos 17.500,00 €
Club Ciclista Monforte 962,50 €
Club de Fútbol Monforte 8.700,00 €
Club de Tiro Olímpico Cabe 400,00 €
Sociedade Colombófila Aires de Lemos 437,50 €
Club de Tenis Cuatro Vientos 525,00 €
Castelo Bike Club 962,50 €
C.C. Torre San Vicente 962,50 €
Club Korbis 7.000,00 €
Sociedade Deportiva Monforte A Lagoa 450,00 €
Club de Pesca Río Cabe 1.100,00 €

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...