HomeEconomíaOs negocios locais lembran o seu papel como dinamizadores económicos

Os negocios locais lembran o seu papel como dinamizadores económicos

O CCU de Monforte inicia unha campaña de sensibilización na rúa para despois levala a internet. Enquisas sobre hábitos de consumo, performances, vinilos, flyers, manifesto, funeral e resurección común para que a cidadanía entenda que todos son responsables de dinamizar a cidade.

Publicado o

- Advertisement -

O CCU de Monforte quere coñecer as demandas da veciñanza para ofrecer o que a xente necesita do comercio local. Nos próximos días contarase na páxina web do CCU cunha enquisa sobre hábitos de consumo e demandas respecto do comercio local. Esta enquisa tamén a entregarán os comercios asociados aos clientes, para con eses datos coñecer que deben facer para ofrecer aos veciños o que demandan na súa relación co comercio local.

Na xornada do 7 de setembro, as inquedanzas do sector levararanse á rúa a través de performances nos establecementos para escenificar as preocupacións ás que se enfronta o comercio local.

Na segunda semana de setembro a campaña de sensibilización continuará con vinilos informativos que se colocarán nas princiais rúas comerciais da cidade e flyers que entregarán nos comercios explicando o que supón que os veciños e veciñas compren nos comercios locais e o que supón que non o fagan.

“Se mercamos no comercio local todos axudamos a dinamizar a economía da cidade e contribuimos a mellorar o lugar no que vivimos. Se non mercamos no comercio local condenámolo a desaparecer, condenámolo a morrer”, din desde o CCU. O día 19 de setembro ás 20.30 na Praza de España lerase un manifesto afondando na filosofía coa que naceu o CCU, seguida de funeral para rematar nun panexírico no que insistir en que o comercio local é un bo veciño para Monforte que non debemos deixar morrer.

Convídase aos comercios e establecementos de Monforte e a todos os veciños, a participar desta convocatoria que percorrerá varias rúas do centro da cidade para rematar novamente na Praza de España coa lectura do panexírico do comercio local.

Desde o CCU aaseguran que “Necesitamos rexurdir o comercio local e contribuír a facer da nosa cidade un lugar mellor, co dinamismo económico que a ten caracterizado. Con esta campaña queremos chegar a todos os veciños, por iso dedicimos comezar na rúa e na relación directa coa cidadanía e toda esa experiencia grabala en vídeo e fotografiala para distribuila a través de internet, durante as próximas semanas.”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...