HomeDeportesO C.V. Ribeira Sacra prepárase para a nova tempada

O C.V. Ribeira Sacra prepárase para a nova tempada

O equipo monfortino de voleibol comenzou a pretempada cos primeiros adestramentos dos equipos da Primeira División.

Publicado o

- Advertisement -

O inicio tivo lugar o pasado mércores e a sesión deste venres 6 de setembro, así como os adestramentos matinais da vindeira semana, corren a cargo da adestradora Yoraxi Melean. Estas primeiras sesións estanse a realizar nas instalacións do Club Fluvial monfortino, ao cal o CV Ribeira Sacra agradece a súa total disposición e xenerosidade.

O traballo físico anterior é un complemento para os equipos de Primeira División, que xunto co resto de equipos está a ter continuidade en sesións de tarde dende o xoves 5 de setembro no Pavillón Municipal da Pinguela na parte máis técnico-táctica.

Os adestramentos da actual pretempada realizaranse, como o pasado ano, en sesións vespertinas todos os martes, xoves e venres e o traballo físico complementario materializarase nestas duas primeiras semanas ata que comencen as clases lectivas das xogadoras.

ÚLTIMAS

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...