HomeEconomíaO primeiro viño da Ribeira Sacra ‘vendimado de noite’ xa se pode...

O primeiro viño da Ribeira Sacra ‘vendimado de noite’ xa se pode catar

A adega EDV 2015, S.L.U. de Margaride, en Quiroga, presenta este domingo, 8 de setembro, o resultado da vendima nocturna realizada o ano pasado.

Publicado o

- Advertisement -

O mundo do viño na Ribeira Sacra non para de avanzar e experimentar para gañar sona, calidade e un posicionamento no mercado.

A adega EDV 2015, S.L., no afán de buscar esa calidade e diferenciación, decidiu realizar o ano pasado unha vendima nocturna. Noutras Denominacións de Orixe esta práctica xa hai anos que se vén realizando pero na Ribeira Sacra non, sendo neste caso pioneiros nesta experiencia.

Os entendidos na materia, referindo os beneficios que aporta este tipo de vendimas nocturnas ao viño, din que a temperatura que hai nesta época pola noite axuda na propia recolección dos acios pois as uvas están máis duras, evitando o descontrol fermentativo ao estar estas máis frescas. Tamén din os expertos que a uva pola noite rehidrátase co cal ao collela neste punto redúcese o grao de alcol no viño.

Este domingo, 8 de setembro ás 14:00 h., o xerente da adega EDV 2015, S.L.U., Pablo González, presenta no Restaurante Las Vegas de San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a colleita 2018 que foi vendimada nestas circunstancias. Haberá unha cata e asistirán os veteranos que forman parte do Club Montañeiros Celtas aproveitando que andan de ruta polo Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

A presentación ‘estrela’ será a do viño Don Cosme Godello, como resultado da primeira vendima nocturna da historia na D.O. Ribeira Sacra. Pero ademais da cata deste viño poderase degustar o Don Cosme Mencía, viño que vén de acadar a Medalla de Ouro no ‘Mondial des Vins Extrêmes’ celebrado en Aosta (Italia) o pasado mes de xullo e que organizaba o CERVIM Viticultura Heroica.

Dende a adega organizadora do evento afirman que a intención da empresa a futuro é relacionar de forma directa turismo con enoloxía e gastronomía polo ben do desenvolvemento económico da zona e para fomentar o enoturismo.

ÚLTIMAS

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...