HomeEconomíaO comercio local únese para visibilizar a súa situación

O comercio local únese para visibilizar a súa situación

Comercio e negocios locais de Monforte desenvolven, nesta segunda fin de semana de setembro, un peche simbólico para visibilizar a súa situación e reflexar o que sería unha cidade sen o pequeno comercio.

Publicado o

- Advertisement -

O CCU de Monforte iniciaba este sábado, 7 de setembro, unha campaña de sensibilización sobre as preocupacións ás que se enfronta. As grandes áreas comerciais e as grandes plataformas de venta por internet fan que o pequeno comercio local cada vez teña máis dificultades para sobrevivir e unha cidade sen os negocios locais está condenada a desaparecer.

Campaña sensibilización CCU / CCU

Para trasladar a súa situación á cidadanía, os establecementos empapelaron, o sábado ao longo da mañá, os seus escaparates, para perto da mediodía estar todos empapelados e posteriormente pechados. Que a situación do pequeno comercio é delicada amósao que a práctica totalidade dos comercios asociados ao CCU secundan a campaña, e tamén  moitos establecementos que non forman parte do CCU.

Como complemento á xornada, varios negocios da cidade acollían performances nas que diferentes grupos de actores representaban as problemáticas que preocupan ao sector.

Performance de Campaña de sensibilización / CCU

O CCU utilizará estas performances nas redes, para durante as próximas semanas afondar e facer reflexionar á veciñanza sobre a realidade que lles toca vivir e a importancia que teñen na dinamización económica da cidade.

Na vindeira semana colocaranse nas rúas vinilos informativos e os comercios repartirán flyers nos que seguir afondando na realidade do sector, unha realidade que esperan poder cambiar coa colaboración da cidadanía. Por iso, tamén se distribuirá unha enquisa sobre hábitos de consumo e necesidades da cidadanía respecto dos negocios locais.

Campaña de sensibilización / CCU

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...