HomeEconomíaNenos coidados e compras tranquilas en Sarria

Nenos coidados e compras tranquilas en Sarria

O comercio asociado desta localidade repite coa campaña realizada o pasado mes de xuño "coidamos os teus cativos para que ti poidas mercar no CCU de Sarria".

Publicado o

- Advertisement -

Os comercios asociados do ACES-CCU Sarria -Asociación de Comerciantes, empresarios, Profesionales e Autónomos- repartirán bonos gratuítos entre os seus clientes co obxecto de que estes poidan deixar os nenos e/ou nenas nalgún nos locais de ocio “40más1” ou “Ocio Park” mentres realizan as súas compras.

Os bonos serán canxeables por unha hora os venres e sábados en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

Este servizo de atención e entretemento para os máis cativos, que durará do 10 de setembro ata o 15 de outubro, pretende que as familias poidan realizar as súas compras na vila de Sarria e que o fagan con máis tranquilidade.

Con esta campaña, que comezou o pasado 10 de setembro, trátase de premiar a fidelidade dos clientes do CCU intentando mellorar a oferta de servizos que contribúan a favorecer as compras e o consumo de proximidade.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...