HomeCulturaMilladoiro fará máis grande o festival ‘As Cores de Outono’

Milladoiro fará máis grande o festival ‘As Cores de Outono’

O referente da música folk galega, e un dos máis coñecidos a nivel mundial no seu xénero, será cabeza de cartel o vindeiro sábado na Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

Este 14 de setembro celébrase na zona recreativa de Samugueiros da Pobra do Brollón a sexta edición do festival “As Cores de Outono”, un encontro de referencia da música folk no sur de Lugo. O programa destaca pola presenza do mítico Milladoiro, que xunto con Magín Blanco, as Bouba e Píscore Teatro, actuarán na área recreativa de Samugueiros. O mestre de cerimonias, que presentará e dará un respiro humorístico entre actuación e actuación, será o actor e contador de historias Avelino González.

O festival comeza ás 19:30 h. co espectáculo familiar ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore. A partir das 21:00 comezan as demais actuacións.  Magín Blanco será o primeiro, cun concerto dirixido ao público familiar e a continuación a esperada actuación de Milladoiro. O peche da gran noite de música galega e en galego correrá a cargo Bouba Pandereiteiras, grupo que este ano representou a Galicia no Festival Interceltique de Lorient.

Bouba Pandereiteiras. Ilustración: Laura Romero

Tódalas actuacións teñen lugar na área recreativa de Samugueiros, no centro da Pobra do Brollón.

Este festival, unha referencia musical xa do outono galego, está promovido polo Concello da Pobra do Brollón coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do seu Plan Único de cooperación cos concellos.

Anteriormente ao festival, ás 18:00 da tarde, está programado en Parada dos Montes o espectáculo teatral ‘As Fillas Bravas’ de Chévere, organizado pola Asociación de Veciños da parroquia.

Cartel do evento

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...