HomeEconomíaValoración positiva da Xunta para a electrificación viaria entre Monforte e Lugo

Valoración positiva da Xunta para a electrificación viaria entre Monforte e Lugo

O proxecto recibiu unha valoración favorable por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Aseguran que a súa execución non producirá “impactos significativos” sobre a fauna e flora da zona.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos consistirán na implantación dunha nova liña eléctrica aérea de contacto na infraestrutura ferroviaria existente entre Monforte de Lemos e Lugo.

Ademais, tamén se incluirá unha subestación de tracción na parroquia de Oural, no concello de Sarria, así como a construción de seis centros de transformación.

Na actualidade esta liña de tren atravesa en dous puntos unha zona de especial conservación, con todo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural asegura que “non son previsibles impactos ambientais significativos”, xa que case todas as actuacións se executarán sobre as cimentacións xa existentes.

Máis información en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...