HomePolíticaO PP monfortino reclama a atención da Deputación para reparar e desbrozar...

O PP monfortino reclama a atención da Deputación para reparar e desbrozar a estrada de Monforte a Currelos

A voceira dos populares, Katy Varela, di trasladar as queixas continuas dos veciños/as e anuncia unha iniciativa plenaria para instar á Deputación a executar as obras precisas para mellorar esa vía de comunicación.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o Partido Popular de Monforte, a estrada LU-P-3202, de Monforte a Currelos (LU-611), no tramo correspondente ao municipio de Monforte é “unha das que levan moito tempo esquecidas pola Deputación, da que dependen”.

En opinión da portavoz do grupo municipal popular, Katy Varela, as queixas dos veciños/as son continuas, «e están máis que xustificadas» motivo dabondo para que a citada representante do PP anuncie unha iniciativa plenaria para instar á Deputación a executar as obras precisas para mellorar esa estrada.

Varela explica que a vía LU-P-3202 ten moitos tramos e, ao seu paso polo municipio de Monforte, o estado é moi deficiente, de tal xeito que “constitúe un risco para o tráfico rodado”. E engade que esta vía provincial necesita con urxencia labores de desbroce da maleza que medra moi abundante nas beiras. De feito, hai sinais que apenas se ven por causa das matogueiras.

A popular confía en que o alcalde de Monforte, José Tomé, atenda a solicitude do PP, unha demanda “que se corresponde cos desexos dos veciños”, e “se convenza a si mesmo, como presidente da Deputación, da necesidade de mellorar sen demora e canto antes a LU-P-3202”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...