HomeCulturaAxenda de entretemento para a fin de semana

Axenda de entretemento para a fin de semana

Chantada, Quiroga, o Incio e Sarria ofrecen interesantes alternativas de lecer familiar e adulto relacionadas coa maxia, a música e o teatro afeccionado.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado 28 de setembro, Chantada acollerá o espectáculo de maxia “Os casos de Sherlock Holmes”, de Cayetano Lledó, no que o famoso detective tentará resolver coa axuda dos espectadores un misterioso roubo nunha mansión. Trátase dunha función para público familiar con teatro, maxia e moito humor. O inicio está previsto para as 19.00 horas no Auditorio Municipal, e ten unha duración de setenta minutos. O espectáculo enmárcase dentro do Ciclo Cultura no Camiño que impulsa a Xunta de Galicia a través do Agadic.

Sherlock Holmes, cartel do espectáculo de Cayetano Lledó

Este mesmo día, en Quiroga, haberá un concerto infantil tamén ás 19:00 h. na Casa da Cultura. O espectáculo, “Pitusa Semifusa”, versa sobre unha nena que quere aprender todo sobre as familias de instrumentos. Chega acompañada da súa avoa, unha prestixiosa directora de orquestra, e entre as dúas farán tocar, cantar e bailar ao público. A actividade chega a Quiroga polo programa Ler Conta Moito que cofinancia a Xunta de Galicia para fomentar a lectura entre os máis pequenos e pequenas.

O Concello do Incio, pola súa parte, ofrece teatro afeccionado para público adulto na Sala Multiusos da Casa do Concello. Será ás 19:00 h. do sábado coa obra “As pastillas de Farruco” a cargo da Asociación Cultural Abrente e dentro do programa “Buxiganga” da Deputación de Lugo.

Para o domingo 29 de setembro o Concello de Sarria programa o espectáculo musical “Alicia no país das marabillas”, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. Adaptación e dirección a cargo da música local Lorena del Val con entrada de balde para os asistentes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...