HomesociedadeO concello de Pantón acollerá un curso de formación en turismo inclusivo

O concello de Pantón acollerá un curso de formación en turismo inclusivo

O curso que se encadra no proxecto "Patrimomio e Turismo inclusivo na Ribeira Sacra", dentro do programa O teu Xacobeo, desenvolverase en duas fins de semana en novembro e xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

O curso dirixido a guías turísticos, estudantes, xestores locais e docentes terá unha parte teórica que logo se porá en práctica nos casos de estudo sobre o terreo para deseñar roteiros que ao final do proxecto serán avaliados.

O proxecto ten por obxectivo deseñar novas propostas turísticas con enfoques inclusivos e de xénero para a zona de Ribeira Sacra que incorporen aspectos de peregrinación, antropoloxía, enoturismo, gastronomía e navegación fluvial.

Outro dos obxectivos, vinculado ao curso de formación, será o de digasnóstico da Ribeira Sacra en canto ás posibilidades para o desenvolvemento de propostas de turismo inclusivo e accesible, propoñendo melloras e adaptacións da oferta actual. No curso analizaranse outros aspectos como a conservación de elementos da cultura tradicional e do patrimonio inmaterial mediante a súa divulgación e posta en valor desde o punto de vista turístico.

Para inscribirse nesta actividade que se celebrará os días 24 e 24 de novembro e 18 e 19 de xaneiro, deben de enviar un correo a turismoinclusivonaribeirasacra@gmail.com, cos datos de contacto, a formación, profesión e motivos de interese nesta actividade.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...