HomesociedadeDous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi

Dous Ribeira Sacra no podio dos viños galegos en Euskadi

Capador de Adega Tear e Casa Moreiras de Adega Casa Moreiras premiados en Euskadi mentres a D.O. Ribeira Sacra leva recollidos 5.864.940 quilos nesta vendima.

Publicado o

- Advertisement -

A “Irmandadedos Centros Galegos en Euskadi” organizou este ano a XIX Cata Concurso de “ViñosTintos Galegos”, que se celebrou en Sestao durante os actos do XXXIV Día de Galicia en Euskadi.

O xurado formado por membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres – EuskadikoSumillerrenElcartea, deulle o primeiro e terceiro posto a dous viños da D.O. Ribeira Sacra.

Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear é o primeiro clasificado e o terceiro, Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras. O segundo clasificado e o accésit vanse respectivamente para Rías Baixas e Valdeorras. A D.O. Ribeira Sacra presentara a este concurso 14 mostras pertencentes a 9 adegas.

E na D.O. Ribeira Sacra seguen coa campaña de vendima. A data 1 de outubro, 51 adegas están realizando labores de vendimia, 8 téñena paralizada, 36 xa remataron e 1 unha aínda non comezou. Ata o dagora téñense recollido 5.864.940 quilos de uva, dos que 4.818.011 de quilos corresponden a Mencía.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...