HomeEconomíaAdif adxudica por máis de 37 millóns as subministracións para renovar o...

Adif adxudica por máis de 37 millóns as subministracións para renovar o tramo Ourense-Monforte-Lugo

Estas actuacións teñen como obxectivo optimizar as condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Publicado o

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif aprobou a adxudicación de tres novos contratos para a subministración e transporte de diversos materiais necesarios para a renovación do tramo Ourense-Monforte-Lugo por un importe de 37.335.429,12 euros (IVE incluído).

Segundo informou Adif nun comunicado, desta forma, “continúa traballando na mellora do trazado existente entre Ourense e Lugo, co fin, entre outros, de levar os servizos de alta velocidade ferroviaria ata a capital lucense”.

O contrato que conta cun maior importe de adxudicación comprende a subministración e transporte de 186.983 travesas monobloque polivalentes –válidas para ancho ibérico e estándar–, concretou Aidf, e foi adxudicado por 17.047.407,30 euros.

Este contrato divídese en dous lotes, ambos os adxudicados á Unión Temporal de Empresas (UTE) integrada polas empresas Luso Galaica de Travesas e Travesas do norte. O primeiro, que corresponde ao tramo Ourense-Monforte, comprende a subministración de 79.659 travesas e foi adxudicado por 7.269.743,26 euros. O segundo, relativo ao tramo Monforte-Lugo, inclúe a subministración de 107.324 travesas e conta cunha contía de 9.777.664,04 euros.

SEGUNDO CONTRATO

O segundo dos contratos, dividido en dous lotes, adxudicouse por importe global de 12.334.170,70 euros (IVE incluído) e refírese á subministración e transporte de balasto para a renovación da vía do tramo Ourense-Monforte-Lugo.

O primeiro dos lotes (Monforte-Lugo) contempla a subministración de 307.650 toneladas de balasto e foi adxudicado, por importe de 7.469.712,24 euros á Unión Temporal de Empresas (UTE) composta polas compañías Francisco Gómez e Cía, Minas de Bandeira e Canteiras de Richinol.

O lote 2 (Ourense-Monforte), que inclúe a subministración de 202.114 toneladas de balasto, foi adxudicado á UTE integrada por Canteira Cuarcita San Clodio e Marín Petróleos, por importe de 4.864.458,46 euros (IVE incluído).

Por último, o terceiro contrato fai referencia á subministración e transporte dos aparellos de vía, que foi adxudicado por importe de 7.953.851,12 euros á empresa Jez Sistemas Ferroviarios.

As actuacións de mellora do tramo existente Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarcan estas adxudicacións, teñen como obxectivo optimizar as condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Ademais, xa se atopa en servizo desde abril de 2018 a variante da Pobra de San Xiao, entre Monforte e Lugo. Entre os principais beneficios deste novo trazado, de 7,206 quilómetros de lonxitude, atópase a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior trazado, co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil.

O novo percorrido permite, á súa vez, o aumento da velocidade máxima de circulación de trens no tramo, que pasou de 80-95 quilómetros por hora a 160 km/h.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...