HomesociedadeA Comarca de Lemos lidera o aumento do paro no mes de...

A Comarca de Lemos lidera o aumento do paro no mes de setembro

As comarcas que se salvan dos malos resultados xerais son Chantada e Quiroga, con oito e un desempregados menos respectivamente. Por concellos, o peor dato lévao nesta ocasión Sarria, municipio que suma 14 persoas máis ás listas do INEM.

Publicado o

- Advertisement -

Lemos volve ser noticia en relación aos datos de desemprego, neste caso polos referidos ao mes de setembro que vimos de rematar. Tras facer un cómputo a nivel comarcal, o paro aumentou neste territorio en 12 persoas mentres que en Sarria fíxoo en 6. Pola contra, Chantada queda con 8 parados menos e Quiroga con 1.

Como refire o sindicato CC. OO., nin a tempada de vendima, tan importante para os concellos da Comarca de Lemos, axudou a ‘maquillar o resultado’ desfavorable aínda tendo en conta que as estimacións coas que contan é que o sector vinícola chega a contratar a unhas 1.000 persoas en tres semanas.

Deste xeito, facendo balance por comarcas temos a de Lemos que queda con 1.490 desempregados (+12), Sarria con 1.014 (+6), Chantada con 577 (-8) e Quiroga con 254 (-1).

Por concellos, cómpre felicitar a Taboada, que queda con 86 parados/as (-6), Quiroga, con 161 parados/as (-4), Pantón con 85 (-4), Láncara con 105 (-4), Ribas de Sil con 48 (-3), O Incio con 53 (-3), Carballedo con 67 (-3), Triacastela con 18 (-2), O Páramo con 31 (-1) e A Pobra do Brollón con 74 (-1). Samos queda con 36 desempregados/as, os mesmos/as que tiña o mes anterior.

No lado negativo están o Concello de Sarria que subiu en 14 parados/as, quedando cun total de 736, Folgoso do Courel que aumentou en 6 persoas e queda con 46, O Saviñao subiu en 6 e queda con 142; Monforte queda con 1.047 desempregados/as tras aumentar en 4, Bóveda tamén sube en 4 e queda con 52, Sober ten 3 máis e queda con 90, Paradela dous máis e queda con 35 e Chantada tras aumentar nun parado/a queda con 424.

Como conclusións, a secretaría de acción sindical de CC. OO. en Monforte incide na dependencia que hai na zona sur respecto ao sector servizos e destacan certo dinamismo no sector gandeiro, sobre todo na Comarca de Sarria onde conta con menor desemprego.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...