Homesociedade50 prazas no primeiro albergue turístico de Monforte

50 prazas no primeiro albergue turístico de Monforte

O novo albergue, que comenzará a funcionar en novembro, leva por nome “Albergue Santiago 15”, por estar ubicado nesa céntrica rúa de Monforte e nese número 15.

Publicado o

- Advertisement -

O “Albergue Santiago 15” contará con 50 prazas que se materializan en liteiras pechadas distribuídas en habitacións compartidas en 4 módulos, proporcionará cun servizo de almorzo tipo buffet e ofertará actividades turísticas ós seus clientes, dende visitas pola cidade, a rutas de sendeirismo ou ciclismo pola Ribeira Sacra, enoturismo, etc.

O promotor da iniciativa, Ramón Díaz-Varela López, quen afirmou que afrontou o proxecto, xunto ós seus dous socios, “coa maior das ilusións, xa que Monforte “carecía deste tipo de servizo nun punto estratéxico do Camiño de Inverno ó seu paso pola cidade”, insistiu en que non só vai ser un aloxamento idóneo para peregrinos, senón tamén para grupos organizados, como poden ser excursións de escolares ou xuntanzas deportivas. “Un albergue urbano que sexa un referente turístico e de servizos para Monforte e que ten 50 prazas por unha razón de ser: 50 prazas son as que ten un autobús”, concluíu o promotor monfortino desta novidosa iniciativa.

José Tomé, Alcalde de Monforte destaca que “dende o Concello facilitamos con rapidez todos os permisos para contar con este albergue o antes posible. E podemos dicir que nun corto espazo de tempo incorporarase á oferta turística da cidade un novo servizo que creo que vai ter un gran éxito e vai ser unha ferramenta máis de promoción e de servizos turísticos de calidade para Monforte”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...