HomesociedadeFomento da economía social con Daveiga

Fomento da economía social con Daveiga

O IES A Pinguela acolle un seminario de Introdución á Economía Social que forma parte do 1º Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galicia rural 2019/2020, promovido pola Sociedade Laboral Daveiga.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade dirixíase ó alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de
Administración, Informática e Imaxe Persoal do IES A Pinguela. Conta coa colaboración de Espazocoop (Unión de Cooperativas Galegas), do grupo de investigación ICEDE da Universidade de Santiago e da Asociación Semente de Monforte, entre outros.

Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador Xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, Técnica da Unión de cooperativas  Espazocoop, quen estiveron acompañados de Severino Rodríguez Díaz e José Ovidio Pérez Reñones, da Asociación Semente,
informaron ó alumnado sobre as características das cooperativas e das
sociedades laborais. Deuse conta dos datos e características que definen Daveiga e
invitou ó alumnado a coñecer o seu obrador de gallegas, no polígono de
Chantada,

Tamén se falou do concurso de ideas/proxectos empresariais de Semente Monforte para o
desenvolvemento rural sustentable, con importantes premios para os máis innovadores, das novas oportunidades de Emprego na Galicia rural e dos 3 obradoiros que se levarán a cabo no
instituto durante o mes de novembro sobre como elaborar un plan de empresa
de economía social no ámbito rural e sobre ferramentas de financiamento.

Esta formación estase empezando a impartir en todos os institutos da comarca de Lemos, Chantada, Lalín e nalgúns centros interesados de Ourense, o que sen dúbida é unha nova de interese para colaborar no desenvolvemento económico do interior de Galicia.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...