Homesociedade60.000 euros para o camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos ...

60.000 euros para o camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos no Incio

O Concello do Incio vén de adxudicar a execución da obra de mellora do camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos. Os traballos, incluídos no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader, contarán cun orzamento de 60.248 euros

Publicado o

- Advertisement -

Esta vía municipal conecta o lugar de Bardaos, Santalla, coa estrada autonómica LU-642 e esta coa capital municipal e co Concello veciño de Sarria. Trátase dunha vía que absorbe un importante tráfico de maquinaria agroforestal e que presenta necesidades de mellora da capa de rodadura.

As obras consistirán nunha mellora da vía de comunicación que consiste nun reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa de firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 6 CM de espesor, máis axeitada ás características do tráfico rodado que soporta.

Proxéctase que a vía teña una ancho medio pavimentado de 4,30 metros, adaptándose á traza existente, e xerando a menor alteración posible da paisaxe para minimizar os impactos. O prazo de execución das obras será dun mes.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...