HomesociedadeFormación dixital para adultos en Sober

Formación dixital para adultos en Sober

A aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober ten xa aberta a matrícula dos cursos de formación para adultos para os vindeiros meses. Os interesados poden inscribirse no Centro Sociocultural ou chamando ao número de teléfono 982 460 513.

Publicado o

- Advertisement -

O programa de formación dixital estenderase ata o mes de decembro e ofertará catro cursos:

  1. Configuración de teléfono móbil. Aprender a configurar o móbil, xestionar os contactos, descargas e aplicacións de utilidade para a vida cotiá.
  2. Iniciación á informática, internet e correo electrónico. Aprender a utilizar un ordenador persoal desde a base, iniciación e xestión dunha conta de correo.
  3. Libro electrónico, Galicia-Le, actividade en colaboración coa Biblioteca Municipal de Sober. Manexo da plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
  4. Sixpac, sistema de localización xeográfica de parcelas. Manexo do sistema e localización das parcelas.

O primeiro dos cursos, de iniciación ao teléfono móbil dará comezo o 22 de outubro. A aula de informática e novas tecnoloxías está aberta de luns a venres en horario de mañá, de dez a dúas e media. Os martes e o os venres tamén en horario de tarde, de dez a dúas e de catro a oito.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a formar parte deste cursos de formación nos que xa participaron moitos soberinos e “que nos axudan a gañar competencias en materia de novas tecnoloxías, o que nos facilita a vida no día a día. Grazas a estes cursos podemos pedir citas médicas a través do móbil, facer xestións coas administracións ou descargar aplicacións con innumerables utilidades”, precisa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...