HomesociedadeNovo vehículo e desfibrilador para o Concello de Monforte

Novo vehículo e desfibrilador para o Concello de Monforte

A Concellería de Servizos do Concello de Monforte conta cun novo vehículo e na Casa do Concello cóntase cun novo desfibrilador externo semiautomático (DESA).

Publicado o

- Advertisement -

O Equipo de Goberno do Concello segue a dotar ás distintas concellerías dos elementos necesarios para proporcionar servizos axeitados ós veciños. Neste caso cóntase cunha nova furgoneta Citroen Berlingo que facilitará o traballo diario do persoal de Servizos do Concello, unha furgoneta que servirá para desempeñar as labores de mantemento e mellora dos diferentes elementos públicos de Monforte.

Por outra banda, na Casa Consistorial instalaouse un novo desfibrilador. O Concello conta con persoal formado para poder utilizar este novo servizo, logo de recibir un curso específico en primeiros auxilios e manexo do DESA.

O desfibrilador externo semiautomático é un aparello electrónico portátil que diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria cando é debida á fibrilación ventricular (na que o corazón ten actividade eléctrica pero sen efectividad mecánica) ou a unha taquicardia ventricular sen pulso (na que hai actividade eléctrica e neste caso o bombeo sanguíneo é ineficaz), restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctrica e mecánicamente.

A desfibrilación consiste en emitir un impulso de corrente continua ó corazón, despolarizando simultáneamente todas as células miocárdicas, podendo retomar o seu ritmo eléctrico normal ou outro eficaz. A fibrilación ventricular é a causa máis frecuente de morte súbita.

Desfibrilador / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...