HomeSucesosMorre un veciño de Pantón polas picaduras de velutinas cando rozaba unha...

Morre un veciño de Pantón polas picaduras de velutinas cando rozaba unha leira

O home foi rozar unha leira na que había unhas silvas onde se ocultaba un niño de velutinas e "ao darlle", baixou do tractor e "marchou correndo", pero, lamenta o alcalde, "non deu escapado".

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño do municipio de Pantón de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.

Así o manifestou o alcalde da localidade, José Luís Álvarez Blanco, quen relatou que os feitos sucederon na tarde do pasado venres 18 cando o home, recentemente xubilado, “facía tarefas de campo”.

O rexedor sinalou que o home foi rozar unha leira na que había unhas silvas onde se ocultaba un niño de velutinas e “ao darlle”, baixou do tractor e “marchou correndo”, pero, lamenta o alcalde, “non deu escapado”.

A vítima chegou a pedir axuda a outras persoas que se atopaban nun local próximo. “Pediu axuda, pero desfaleceu na estrada”, lamentou José Luís Álvarez. “Non sabemos se era alérxico”, abundou o rexedor en relación ás picaduras de avespa, que concretou que acudiu persoal sanitario do 061 ao lugar, pero o veciño xa falecera.

NIÑO RETIRADO

Tras o sucedido, un técnico municipal procedeu, co traxe de seguridade pertinente, a facerse cargo do tractor que quedara aceso e a retirar o niño de velutinas.

“Facémolo nós e temos un traxe especial”, destacou o alcalde sobre a retirada de niños de avespas velutinas no municipio porque “a Xunta tarda dúas semanas”.

Con todo, José Luís Álvarez indicou que foi a “primeira vez” que falece un veciño do municipio por picaduras de velutinas, polo que chamou a “non alarmar”.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...