HomeMedio ambiente e PatrimonioPantón leva retirados 200 niños de velutinas no que vai de ano

Pantón leva retirados 200 niños de velutinas no que vai de ano

O rexedor sinalou que diariamente se desarman "da orde de catro ou cinco niños".

Publicado o

- Advertisement -

Máis de 200 niños de avespas velutinas foron retirados no que vai de ano no municipio de Pantón, onde o pasado venres faleceu un veciño de 67 anos por múltiples picaduras tras atoparse cun niño cando rozaba unha leira.

Así o destacou este martes o alcalde do municipio, José Luís Álvarez, quen relatou que o home se topou co niño “entre as silvas” cando se rozaba no seu tractor.

“Eran velutinas, pero se quizá fosen abellas normais pasaría o mesmo. Cando che pica un enxame completo iso convértese nun problema”, destacou o rexedor.

A presenza da avespa asiática é un problema neste municipio do sur da provincia de Lugo, tal e como manifestou o propio alcalde, quen ratificou que no que vai de ano se retiraron “máis de 200 niños”. “É un problema co que non damos abasto“, abundou.

Ademais, Álvarez sinalou que diariamente se desarman “da orde de catro ou cinco niños” con persoal do propio Concello, que dispón de “traxes especiais e dunha pértega para as (velutinas) que están arriba”. “Inxéctaselles líquido e morren”, concluíu.

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...